Que ofrecemos

Ofrecemos amplo coñecemento no desenvolvemento de solucións de mobilidade urbana sostible, o gran reto para as cidades do século XXI, especializados na xestión dos aparcadoiros, actor imprescindible neste novo escenario de mobilidade, e nas novas formas de relacionarnos cos nosos clientes.

O noso equipo xestor conta con máis de 25 anos de experiencia na xestión de aparcadoiros. O noso elevado know-how neste tipo de infraestruturas abarca todos os ámbitos posibles: administrativos, hospitalarios, residenciais e de lecer. Contamos coas mellores localizacións en cada cidade.

Estamos totalmente enfocados nas novas formas de relacionarnos cos nosos clientes, na nova omnicanalidade que demanda o mercado, nas novas formas de mobilidade e nas novas tecnoloxías.

Contamos cun modelo de xestión no que incluímos o control remoto de todas as nosas instalacións, desde o noso Centro de Telecontrol Único.

Integrado con el, dispoñemos dun Centro de Atención Comercial para todos os usuarios dos nosos aparcadoiros, desde o que se apoia a contratación online dos nosos produtos.

Somos innovadores na relación cos nosos clientes, mediante a implantación de:

Sistema de Control de Accesos Ticketless, baseado no recoñecemento automático de matrículas (LPR),

A nosa App Aparcados como medio de pago, permitindo o acceso e saída dos nosos aparcadoiros mediante a lectura automática de matrículas dun xeito rápido e seguro.

A nosa web que permite as reservas por horas e días nos nosos aparcadoiros, así como a compra online de abonos de todo tipo e periodicidade (subscripción e compra puntual).

IMAGENES-02.png

Melloramos a relación cos nosos clientes baseándonos nunha xestión dos datos eficaz, optimizando as ocupacións dos aparcadoiros e creando produtos adaptados ás demandas e necesidades actuais.

Servizos adicionais para os nosos usuarios:

  • Dispomos de Amazon lockers nos nosos aparcadoiros.

  • Contamos cunha rede de cargadores eléctricos en todas as nosas instalacións.