Queres aparcar durante uns días ou unhas horas, ao mellor prezo e coas mellores condicións? Agora é posible en calquera dos nosos aparcadoiros.
Co noso novo sistema de reserva por horas ou días, indícanos exactamente cando queres aparcar con nós e calcúlache a mellor tarifa posible. Sen sorpresas. Por adiantado. E se ao final decides que non vés, podes cancelalo de xeito gratuíto. Así de fácil. Así de cómodo.
Vantaxes
Tranquilidade: Sempre sabes o que vas pagar. Por adiantado.
Comodidade: Apertura automática da barreira mediante lectura e recoñecemento de matrícula (ou con QR se algo falla).
Conveniencia: Fai o uso que queiras do aparcadoiro, porque terás entradas e saídas ilimitadas no período contratado.
Prezo: Ofrecerémosche o prezo máis económico posible na estancia que elixas.
Liberdade: Elixe a data e hora exacta, tanto de entrada como de saída. Non pagues nin un minuto de máis.
Flexibilidade: Cancelación gratuíta no caso de que non veñas. Sen preguntas.
Facilidade: Fai a túa reserva en dous clics e aparca cando queiras.
Reserva no teu aparcadoiro preferido pulsando o botón máis abaixo.
En todos os nosos aparcadoiros contamos con tecnoloxía LPR (License Plate Recognition), polo que podes entrar e saír sen necesidade de coller tiques nin levar códigos QR impresos. Unha vez que teñas contratada a túa reserva, simplemente achegáches á barreira e esta abrirase automaticamente ao ler e recoñecer a túa matrícula. ¡Goza do teu aparcadoiro!