A Dirección de APK Xestión de Aparcamentos, S.A. (APK2) manifesta o seu compromiso coa protección eficaz da saúde dos traballadores e, mediante esta política, comprométese a:
Implantar un Sistema de Xestión de Seguridade e Saúde no Traballo ISO 45001 adecuado ao noso contexto, que integre a Xestión da Prevención de Riscos Laborais na estratexia de negocio e que sexa revisado periodicamente para melloralo de forma continua.
Cumprir coa lexislación aplicable en materia de seguridade e saúde e con outros requisitos que a nosa organización subscriba nesta área, garantindo os recursos e materiais necesarios para o seu cumprimento e mantendo a información correspondente dispoñible e actualizada.
Procurar condicións laborais seguras e saudables, para previr as lesións e o deterioro da saúde relacionados co traballo, así como eliminar os perigos e reducir os riscos para a seguridade e saúde no traballo, e fomentar a participación e consulta dos traballadores e/ou os seus representantes nos procesos de toma de decisións relacionados coa seguridade e saúde.
Promover activamente a sensibilización e garantir unha formación suficiente e adecuada a cada persoa, co fin de facilitarlle os coñecementos necesarios para o adecuado desempeño da súa actividade, conseguindo con iso que traballe con seguridade.
Aplicar prácticas destinadas á prevención e redución dos riscos derivados da actividade co fin de previr os danos e o deterioro da saúde dos traballadores.
Identificar e avaliar os riscos e oportunidades vinculados á nosa actividade, establecendo obxectivos de mellora coherentes con esta Política e coas capacidades da nosa organización, buscando que estes obxectivos eliminen, eviten ou reduzan a exposición aos riscos laborais.
Revisar periodicamente esta Política para manter a súa alineación coa visión e estratexia da Dirección e coas necesidades detectadas no noso contexto social e laboral.
A Dirección de APK2 asegura a implantación das medidas necesarias para lograr o coñecemento e compromiso con esta Política por parte de todos os membros da organización e dos colaboradores externos, asegurando que se atope á disposición de calquera parte interesada.